Tamén é masiva a manifestación unitaria convocada en Ferrol

Tamén é masiva a manifestación unitaria convocada en Ferrol
Xa leva unha hora nas rúas da cidade olivica a marcha convocada por CNT, CUT, CGT, STEG e SF
Moitisima xente no inicio da manifestación en Vigo
José Manuel Sánchez Fornet, secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), aconséllalles a través de twitter aos antidisturbios que comecen a cargar "polos deputados" en referencia aos representantes de Esquerda Unida presentes nos piquetes.
Afectados e afectadas polas preferentes acompañan os piquetes polas rúas de Vigo e van pechando oficinas de NGB.
Ao traballador que faí folga descóntaselle o día de traballo, máís parte do descanso semanal (unha quínta parte da fín de semana) e a parte proporcíonal das pagas extraordínarías.
Os deputados do PSC desmárcanse do PSOE e non participarán nas votacións do Pleno "como xesto de apoio político á folga xeral"
CC.OO. publica unha galeria de imaxes das primeiras horas da folga
O estudo do CIS a respecto da folga do 29 de marzo amosa que foron mais do dobre os traballadores que querian facer folga e non puideron que os que querian traballar e non puideron facelo
A CIG difunde unha imaxe dun cartel pendurado na Coruña: "Oxe mando eu en min. Exerzo o meu dereito a non traballar e a non consumir"