CC.OO. publica unha galeria de imaxes das primeiras horas da folga
Fálase
O estudo do CIS a respecto da folga do 29 de marzo amosa que foron mais do dobre os traballadores que querian facer folga e non puideron que os que querian traballar e non puideron facelo
A CIG difunde unha imaxe dun cartel pendurado na Coruña: "Oxe mando eu en min. Exerzo o meu dereito a non traballar e a non consumir"
Unha sucursal de La Caixa pecha na Coruña ao paso dos piquetes informativos
Cae o consumo eléctrico, ainda que menos que nas folgas do 29S de 2010 e no 29M de 2012. Ás dez e media o descenso da demanda eléctrica é dun 11,92% fronte ao 15% de diminución da última folga xeral. Con respecto ao mércores da pasada semana a caida é do 15,48%. Os datos en tempo real na web de Red Eléctrica. O consumo de electricidade imputable á actividade produtiva cae un 60%, segundo Economistas Frente a la Crisis, un dato semellante ao de 2010 pero inferior ao de marzo, cando o descenso superou o 85%.
Gardas de seguridade nas portas dalgún comercio do centro da Coruña. Outros pechan e critican a "políticos e bancos" nos seus escaparates. Imaxe de @laiosacasp.
A folga xeral é secundada polo 90% dos traballadores en Galicia, segundo os datos de CCOO actualizados ás nove da mañá. A demanda de consumo eléctrico caeu no país un 8,5% respecto do mércores pasado. Por sectores, o seguimento do paro foi o seguinte: Recollida do lixo e limpeza viaria (100%), transportes públicos (95%), portos e aeroportos (95%), sector naval (100%), automoción (90%), construción (85%), agroalimentación (80%), conservas (80%), téxtil (80%) e químicas (90%).
A folga xeral paraliza o ensino en Galicia, segundo a CIG, que cifra o seguimento en máis do 80%. "Secundouna a maioría do profesorado e foi anecdótica a presenza do alumnado nos centros", di nun comunicado.
A CRTVG inclúe na súa web o banner advertindo de que a súa programación poderá ser obxecto de alteracións durante a xornada a causa da folga xeral. Este aviso está incluído no pacto dos servizos mínimos.
UGT denuncia que o Concello da Coruña mantén o alumeado público prendido "máis tempo do normal" esta mañá