A folga xeral paraliza o ensino en Galicia, segundo a CIG, que cifra o seguimento en máis do 80%. "Secundouna a maioría do profesorado e foi anecdótica a presenza do alumnado nos centros", di nun comunicado.
Fálase
A CRTVG inclúe na súa web o banner advertindo de que a súa programación poderá ser obxecto de alteracións durante a xornada a causa da folga xeral. Este aviso está incluído no pacto dos servizos mínimos.
UGT denuncia que o Concello da Coruña mantén o alumeado público prendido "máis tempo do normal" esta mañá
A actividade comercial e o tráfico no centro de Vigo ás nove da mañá son semellantes ás dun domingo.
Momento importante do dia en Ferrol. Á hora de apertura do centro comercial Alcampo os piquetes concéntranse nas súas portas. Imaxe via @mariameizoso
Ás nove da mañá este é o aspecto das rúas de Compostela ao redor da estación de tren. Imaxe via @manuelcheda
Ao redor de dous de cada tres traballadores da Xunta en San Caetano fixeron folga este 14N segundo a CIG.
A prensa de dereitas carga contra a folga nas súas portadas: ABC titula 'Huelga contra España' e La Razón 'Coacción General'. Na súa edición dixital ABC pidelles aos lectores "razones para no ir a la huelga"
Amplo seguimento da folga nas rotativas de La Opinión, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. La Opinión non se publica hoxe e La Voz e Ideal sairon á rúa con edicións reducidas.
A CIG publica un video que amosa a actividade dos piquetes no Poligono do Ceao