A CIG publica un video que amosa a actividade dos piquetes no Poligono do Ceao
Fálase
Unha pequena carga policial no compostelán Poligono do Tambre remata cun detido. En Ferrol o Ministerio do Interior informa que dúas persoas foron identificadas pola queima dun caixeiro de Novagalicia Banco en Alcalde Usero.
En Portugal a folga xeral ten un "alto" seguimento, segundo a CGTP, cunha elevada incidencia nos transportes nos hospitais e nas industrias de Lisboa.
Segundo os sindicatos o seguimento da folga en Galicia é xeral na industria e en servizos coma os mercados, as lonxas, os transportes e na recollida do lixo. Están parados o sector da automoción en Vigo, Santa Bárbara, Megasa, Navantia, Factoría Naval de Marín, Ferroatlántica, Televés, Castrosúa, Maessa, Estrugasa, Alcoa, Galfor, Crown Cork Ibérica, Faurecia, GKN-Indugasa, Maderas Iglesias, Viza Automoción, Frinsa, Dalphi Metal, Rodman-Polyships, Frinova, Begano, Conservas Calvo, ENCE, Gamesa Eólica, Zara Loxística ou Pull&Bear.
A caida do consumo eléctrico sitúase no 10% nestes momentos. Algo por debaixo dos últimos paros do 29S e do 29M.
Canal Sur e Telemadrid suspenden a emisión pola folga xeral. A TVG advirte de que a súa programación pode verse afectada polo paro.
Paralizada a recollida de lixo na Coruña, en Vigo e no Consorcio das Mariñas, segundo informan os sindicatos. Imaxe de CIG.
Comeza a folga xeral, a segunda contra o Goberno de Mariano Rajoy e que en Galicia destaca pola unidade de acción dos tres principais sindicatos.
Poucos traballadores na entrada á quenda de noite en Citroën-Vigo, segundo informa a CIG.
O PP mantén que a seguridade de que Navantia e Barreras constrúan buques para Pemex é "máxima". Mentres, a multinacional mexicana confirma que os estaleiros galegos terán que competir con, cando menos, dúas empresas máis.