Gardas de seguridade nas portas dalgún comercio do centro da Coruña. Outros pechan e critican a "políticos e bancos" nos seus escaparates. Imaxe de @laiosacasp.

Gardas de seguridade nas portas dalgún comercio do centro da Coruña. Outros pechan e critican a "políticos e bancos" nos seus escaparates. Imaxe de @laiosacasp.
A folga xeral é secundada polo 90% dos traballadores en Galicia, segundo os datos de CCOO actualizados ás nove da mañá. A demanda de consumo eléctrico caeu no país un 8,5% respecto do mércores pasado. Por sectores, o seguimento do paro foi o seguinte: Recollida do lixo e limpeza viaria (100%), transportes públicos (95%), portos e aeroportos (95%), sector naval (100%), automoción (90%), construción (85%), agroalimentación (80%), conservas (80%), téxtil (80%) e químicas (90%).
A folga xeral paraliza o ensino en Galicia, segundo a CIG, que cifra o seguimento en máis do 80%. "Secundouna a maioría do profesorado e foi anecdótica a presenza do alumnado nos centros", di nun comunicado.
A CRTVG inclúe na súa web o banner advertindo de que a súa programación poderá ser obxecto de alteracións durante a xornada a causa da folga xeral. Este aviso está incluído no pacto dos servizos mínimos.
UGT denuncia que o Concello da Coruña mantén o alumeado público prendido "máis tempo do normal" esta mañá
A actividade comercial e o tráfico no centro de Vigo ás nove da mañá son semellantes ás dun domingo.
Momento importante do dia en Ferrol. Á hora de apertura do centro comercial Alcampo os piquetes concéntranse nas súas portas. Imaxe via @mariameizoso
Ás nove da mañá este é o aspecto das rúas de Compostela ao redor da estación de tren. Imaxe via @manuelcheda
Ao redor de dous de cada tres traballadores da Xunta en San Caetano fixeron folga este 14N segundo a CIG.
A prensa de dereitas carga contra a folga nas súas portadas: ABC titula 'Huelga contra España' e La Razón 'Coacción General'. Na súa edición dixital ABC pidelles aos lectores "razones para no ir a la huelga"