O FMI prevé que a economia española caerá un 1.3% en 2013, case o triplo do que calcula o Goberno. A prima de risco sobe con forza.
Fálase
O diario El País relata na súa edición de mañá que "un informe oficial destapa que Feijóo ocultou déficit en 2010", trasladando facturas ao exercicio de 2011 por importe de 400 millóns de euros.
#debate21O Vázquez comprométese a eliminar os concertos para colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Feijóo repróchalle que "queira dicirlles aos pais onde teñen que mandar os nenos"
#debate21O Feijóo di que "non se poden facer públicos" os contratos de Pemex, porque "suporía automaticamente a cancelación do acordo", segundo unha carta que atribuíu inicialmente ao "conselleiro delegado de Pemex" e, máis tarde, ao "conselleiro delegado de PMI", a empresa subsidiaria da petroleira mexicana.
#debate21O Pemex entra no debate. Feijóo asegura ter unha carta do conselleiro delegado de Pemex internacional que garante a construción "dos barcos". Vázquez retruca: "é mentira, sábeo toda Galicia".
#debate21O Feijóo censura que o candidato socialista fale de paro e centra a súa mensaxe na herdanza do Goberno de Zapatero. Vázquez rexeita que as "vítimas da crise a paguen" e explica a súa proposta de nova fiscalidade.
#debate21O Vázquez e Feijóo polemizan sobre libros de texto e copagamento farmacéutico. O aspirante do PPdeG asegura que os manuais escolares que o bipartito proporcionaba de balde quedaron "a deber", o líder do PSdeG di que recuperará a gratuidade.
#debate21O Pachi Vázquez utiliza a súa primeira intervención para amosar a súa intención de ser "voz dos que o están pasando mal". "Nada está mellor que hai catro anos", di.
#debate21O Feijóo comeza cun saúdo bilingüe, "boas noites, buenas noches" e sinalando que o seu goberno tivo "que recuperar o tempo e o diñeiro perdido"
Xosé Manuel Beiras reuniuse este luns con representantes de Adicae e con afectados pola estafa das preferentes e afirmou que "non ve solución doada". No encontro tamén participou Miguel Quinteiro ainda con sinais da agresión sufrida por parte da policia o 29-S en Madrid.