#debate21O Vázquez e Feijóo polemizan sobre libros de texto e copagamento farmacéutico. O aspirante do PPdeG asegura que os manuais escolares que o bipartito proporcionaba de balde quedaron "a deber", o líder do PSdeG di que recuperará a gratuidade.
Fálase
#debate21O Pachi Vázquez utiliza a súa primeira intervención para amosar a súa intención de ser "voz dos que o están pasando mal". "Nada está mellor que hai catro anos", di.
#debate21O Feijóo comeza cun saúdo bilingüe, "boas noites, buenas noches" e sinalando que o seu goberno tivo "que recuperar o tempo e o diñeiro perdido"
Xosé Manuel Beiras reuniuse este luns con representantes de Adicae e con afectados pola estafa das preferentes e afirmou que "non ve solución doada". No encontro tamén participou Miguel Quinteiro ainda con sinais da agresión sufrida por parte da policia o 29-S en Madrid.
As manifestacións convocadas polo Cumio Social contra os recortes percorren a estas horas as rúas das sete cidades galegas. Os secretarios xerais de CC.OO. e UGT en Galicia asisten á de Vigo, que fora prohibida pola Xunta Electoral e autorizada posteriormente polo TSXG.
Milleiros de persoas maniféstanse en Grecia contra a visita de Merkel cun gran control policial
#eleccións21O Chegan Feijóo, primeiro, e Pachi vázquez despois á sede da CRTVG, uns cinco minutos máis tarde do previsto, para participar no primeiro dos tres debates electorais, que comeza ás 21:30.
Alemaña asegura que España non necesita rescate e apoia as reformas levadas a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy. Ademais, o BCE considera que a reforma laboral é un paso "axeitado".
A información sobre as 700 mil persoas afectadas en España pola estafa das preferentes, ao redor de 100 mil en Galicia, abre nestes momentos a edición dixital de The Wall Street Journal. A reportaxe céntrase nos casos galegos, especialmente nos da comarca do Morrazo.
Os sindicatos manteñen as manifestacións prohibidas pola Xunta Electoral en Vigo, Pontevedra e Ourense. CCOO e UGT agardan a decisión do TSXG tras o recurso presentado polas organizacións. Máis información, esta mañá en Praza.