Alemaña asegura que España non necesita rescate e apoia as reformas levadas a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy. Ademais, o BCE considera que a reforma laboral é un paso "axeitado".
Fálase
A información sobre as 700 mil persoas afectadas en España pola estafa das preferentes, ao redor de 100 mil en Galicia, abre nestes momentos a edición dixital de The Wall Street Journal. A reportaxe céntrase nos casos galegos, especialmente nos da comarca do Morrazo.
Os sindicatos manteñen as manifestacións prohibidas pola Xunta Electoral en Vigo, Pontevedra e Ourense. CCOO e UGT agardan a decisión do TSXG tras o recurso presentado polas organizacións. Máis información, esta mañá en Praza.
O ministro de Exteriores censura os cánticos a prol da independencia de Catalunya coreados durante o partido entre o Barcelona e o Real Madrid. "Prexudican a marca España", di José Manuel García-Margallo.
Ana Pastor insiste en que o AVE chegará a Galicia en 2018. A ministra de Fomento realiza unha visita institucional a Santiago en plena campaña e ratifica "o compromiso" de Rajoy coa alta velocidade.
#eleccións21O O PP tamén se dirixe ao BNG en Twitter. Felicita os nacionalista pola "vitoria do seu candidato" en Venezuela, en referencia a Hugo Chávez, reelixido presidente
The Guardian publicou unha infografia hai uns dias que explica en cifras como cambiou Venezuela dende que Chávez accedeu ao poder.
#eleccións21O O candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, advirte nunha entrevista en Antena 3 que o 40% de indecisos poden "darlle a volta" ás enquisas o día das eleccións
O PP volve atacar a Pachi Vázquez en Twitter, desta volta por prometer mudar a política lingüística da Xunta. Os conservadores pregúntanlle "a quen lle encargará a nova lei -o PSdeG non promete mudar a lexislación-"
A inmobiliaria de Amancio Ortega duplica beneficios, até os case 250 millóns de euros, un 91% máis que hai un ano. A crise do ladrillo non afecta ao fundador de Inditex.