#eleccións21O O PP tamén se dirixe ao BNG en Twitter. Felicita os nacionalista pola "vitoria do seu candidato" en Venezuela, en referencia a Hugo Chávez, reelixido presidente
Fálase
The Guardian publicou unha infografia hai uns dias que explica en cifras como cambiou Venezuela dende que Chávez accedeu ao poder.
#eleccións21O O candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, advirte nunha entrevista en Antena 3 que o 40% de indecisos poden "darlle a volta" ás enquisas o día das eleccións
O PP volve atacar a Pachi Vázquez en Twitter, desta volta por prometer mudar a política lingüística da Xunta. Os conservadores pregúntanlle "a quen lle encargará a nova lei -o PSdeG non promete mudar a lexislación-"
A inmobiliaria de Amancio Ortega duplica beneficios, até os case 250 millóns de euros, un 91% máis que hai un ano. A crise do ladrillo non afecta ao fundador de Inditex.
Carles Muntaner e Joan Benach escriben en Sin Permiso ¿Por que las clases medias occidentales odian a Chávez y las clases trabajadoras venezolanas le votan?
O filme de animación galego O Apóstolo acada un grande éxito de público en Sitges
Sáenz de Santamaría e Cospedal acoden a un acto relixioso no Vaticano. Saudaron o Papa e Sáenz de Santamaría reuniuse co cardeal Tarcisio Bertone
Chávez gaña as eleccións en Venezuela por case dez puntos de diferenza: 54,42% dos votos fronte ao 44,97% de Henrique Capriles, que xa recoñeceu o resultado.
Na Terceira galega estes foron os resultados da xornada:
Narón 1 1 Pontevedra
Negreira 0 0 Barbadás
Cerceda 2 1 Ordes
Alondras 1 1 As Pontes
Betanzos 1 3 Racing de Ferrol
Somozas 0 0 Vilalonga
Céltiga 0 3 Celta B
Racing Vilalbés 2 0 Bergantiños
Rápido de Bouzas 2 1 Compostela
Deportivo B 3 0 Dorneda