Milleiros de persoas maniféstanse en Grecia contra a visita de Merkel cun gran control policial
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50731077d0658-1349720445-1158926e03605674dd8741fe87692f2b.jpg)
Milleiros de persoas maniféstanse en Grecia contra a visita de Merkel cun gran control policial
#eleccións21O Chegan Feijóo, primeiro, e Pachi vázquez despois á sede da CRTVG, uns cinco minutos máis tarde do previsto, para participar no primeiro dos tres debates electorais, que comeza ás 21:30.
Alemaña asegura que España non necesita rescate e apoia as reformas levadas a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy. Ademais, o BCE considera que a reforma laboral é un paso "axeitado".
A información sobre as 700 mil persoas afectadas en España pola estafa das preferentes, ao redor de 100 mil en Galicia, abre nestes momentos a edición dixital de The Wall Street Journal. A reportaxe céntrase nos casos galegos, especialmente nos da comarca do Morrazo.
Os sindicatos manteñen as manifestacións prohibidas pola Xunta Electoral en Vigo, Pontevedra e Ourense. CCOO e UGT agardan a decisión do TSXG tras o recurso presentado polas organizacións. Máis información, esta mañá en Praza.
O ministro de Exteriores censura os cánticos a prol da independencia de Catalunya coreados durante o partido entre o Barcelona e o Real Madrid. "Prexudican a marca España", di José Manuel García-Margallo.
Ana Pastor insiste en que o AVE chegará a Galicia en 2018. A ministra de Fomento realiza unha visita institucional a Santiago en plena campaña e ratifica "o compromiso" de Rajoy coa alta velocidade.
#eleccións21O O PP tamén se dirixe ao BNG en Twitter. Felicita os nacionalista pola "vitoria do seu candidato" en Venezuela, en referencia a Hugo Chávez, reelixido presidente
The Guardian publicou unha infografia hai uns dias que explica en cifras como cambiou Venezuela dende que Chávez accedeu ao poder.
#eleccións21O O candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, advirte nunha entrevista en Antena 3 que o 40% de indecisos poden "darlle a volta" ás enquisas o día das eleccións