Un número indeterminado de eurodeputados mantén un fondo de pensións en Luxemburgo cunha sicav. Entre os participantes figuran Cañete, Valenciano e Meyer, segundo publica Infolibre.
Fálase
O ministro do Interior sentencia que "unha Catalunya independente sería pasto do terrorismo". Afirmouno nun xantar informativo organizado por ABC.
O alumnado que marche á privada para estudar en castelán recibirá ata 6.057 euros ao ano, segundo vén de confirmar o ministro Wert. Recólleo El Correo Gallego.
O BOE publicou este martes o cesamento de edís en Santiago e os nomes dos non electos seleccionados por Agustín Hernández para formar parte do goberno local. A Xunta Electoral abre un prazo de dous días para a presentación de recursos.
O PP rexeita no pleno da Deputación de Lugo unha iniciativa para instar a Xunta a dotar o hospital da cidade dos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica a tempo completo, como prometeu Feijóo e como estipula a ILP que os conservadores están a recortar no Parlamento. O PP argumenta agora que a Xunta o fará "cando poida".
España reduciu o seu investimento en infancia un 14,6% dende 2010, segundo datos de Unicef, que alerta de que máis de un de cada catro nenos e nenas viven por debaixo do límite da pobreza.
Detidas 14 persoas pola fraude dos cursos de formación, entre eles o tesoureiro de UGT en Andalucía, dous traballadores máis do sindicato e administradores de empresas cunha caixa b.
Wikileaks filtra un novo documento sobre a negociación do Acordo sobre o Comercio de Servizos (TISA) que confirma a intención da Unión Europea de entregarlles os servizos públicos ás grandes empresas.
Vixilancia Aduaneira estima que José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, recibiu 3.000 euros de Vendex en 2011, sendo concelleiro do PP e que Baltar percibiu 6.000 nas mesmas datas, cantidades entregadas por José María Tutor Lemos, delegado de Vendex en Galicia. Ambos os dous foron imputados onte pola xuíza Pilar de Lara.
O PP queda só no Congreso na votación do aforamento do rei Juan Carlos. O PSOE xa anunciara que se abstería e vén de confirmarse que ningún outro grupo apoiará a proposta.