Vixilancia Aduaneira estima que José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, recibiu 3.000 euros de Vendex en 2011, sendo concelleiro do PP e que Baltar percibiu 6.000 nas mesmas datas, cantidades entregadas por José María Tutor Lemos, delegado de Vendex en Galicia. Ambos os dous foron imputados onte pola xuíza Pilar de Lara.
Fálase
O PP queda só no Congreso na votación do aforamento do rei Juan Carlos. O PSOE xa anunciara que se abstería e vén de confirmarse que ningún outro grupo apoiará a proposta.
O científico sueco Lennart Levi gaña o XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Doará a suma monetaria do premio (6.000 euros) á organización Médicos Sen Fronteiras. A cerimonia de entrega terá lugar o 26 de setembro durante a XX Asemblea Xeral do Grupo Compostela en Poznan (Polonia)
Presentáronse en Ourense os actos no Ano Blanco Amor, que ao longo de 2014 conmemorará os 35 anos do pasamento do escritor.
A folga de recollida do lixo en Lugo chega ao seu día número 15. Orozco anuncia que o ultimátum de cinco días dado á empresa antes de poñer en marcha o expediente de caducidade da concesión comezará a contar dende hoxe, a pesar de que a medida foi anunciada o pasado día 18
Guanyem Barcelona, a plataforma liderada por Ada Colau que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro ano, presentarase este xoves e xa anticipa un vídeo.
O TSXG arquiva a querela do BNG contra o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. O tribunal coida que as acusacións de apoiar grupos terroristas e non ser demócratas, lanzadas nunha entrevista en El País, non son constitutivas de delito.
A reforma fiscal do Goberno central prevé que as indemnizacións por despedimento tributen por primeira vez para, din, evitar "abusos". É unha das principais novidades do anteproxecto de lei, presentado esta mañá polo ministro Cristóbal Montoro e outros altos cargos de Facenda.
A reforma fiscal do Goberno central prevé que as indemnizacións por despedimento tributen por primeira vez para, din, evitar "abusos". É unha das principais novidades do anteproxecto de lei, presentado esta mañá polo ministro Cristóbal Montoro e outros altos cargos de Facenda.
O alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, imputado xunto a José Luis Baltar no caso Pokémon por presunto suborno, segundo adianta La Voz.