O TSXG arquiva a querela do BNG contra o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. O tribunal coida que as acusacións de apoiar grupos terroristas e non ser demócratas, lanzadas nunha entrevista en El País, non son constitutivas de delito.
Fálase
A reforma fiscal do Goberno central prevé que as indemnizacións por despedimento tributen por primeira vez para, din, evitar "abusos". É unha das principais novidades do anteproxecto de lei, presentado esta mañá polo ministro Cristóbal Montoro e outros altos cargos de Facenda.
A reforma fiscal do Goberno central prevé que as indemnizacións por despedimento tributen por primeira vez para, din, evitar "abusos". É unha das principais novidades do anteproxecto de lei, presentado esta mañá polo ministro Cristóbal Montoro e outros altos cargos de Facenda.
O alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, imputado xunto a José Luis Baltar no caso Pokémon por presunto suborno, segundo adianta La Voz.
A noite de San Xoán transcorrerá sen chuvia na maior parte de Galicia, segundo o prognóstico do portal meteorolóxico 4gotas.
O científico sueco Lennart Levi gaña décimo oitava edición do premio do Grupo Compostela de Universidades. Con este galardón "recoñecen a súa promoción dos valores europeos a través dunha carreira comprometida coa mellora do benestar físico, mental e social de poboacións enteiras".
Dous directivos de Véndex, Gervasio Rodríguez e José María Tutor, acóllense ao seu dereito a non declarar ante a xuíza do caso Pokémon, Pilar de Lara, que os citara para hoxe en Lugo.
Quién manda identifica os políticos e empresarios que cearon con Juan Carlos de Borbón poucas horas antes de anunciar a súa abdicación. Entre eles figuran diversos ex ministros.
O Goberno portugués disponse a pechar máis de 300 escolas primarias. Familias e pequenos concellos agardan con preocupación a lista definitiva dos centros suprimidos, que ven fundamentais para a supervivencia do rural. Cóntao o xornal Público.
Qué hacen los diputados detalla 80 preguntas sobre a Casa Real vetadas pola Mesa do Congreso dos Deputados.