Pemex aclara que Barreras non ten garantida a construción dos seus novos buques tanques, que xa foran anunciados para o estaleiro vigués. Terá que participar nun concurso público, como no caso dos floteis, segundo conta La Voz
Fálase
O alcalde do Barco adxudicou varios servizos municipais sen contrato, segundo publica El País
Ana Botella non se presentará ás eleccións locais de 2015. A alcaldesa de Madrid vén de anunciar que non será a candidata do PP na capital de España.
O deputado Jon Iñarritu sinala que a Policía tomou nota dos deputados e deputadas que se concentraron este martes ante o Congreso para apoiar o dereito de autodeterminación de Catalunya
A comparecencia de Rueda sobre violencia machista torna nun agre debate no que o Goberno e o PP negaron os recortes económicos neste ámbito e a oposición lles reprochou avalar leis contrarias á igualdade. A información, hoxe en Praza.
Deputados de BNG, ERC, CiU, ICV, PNV e Amaiur apoian ante o Congreso a manifestación da Diada que pretende formar unha xigantesca V nas rúas de Barcelona. O número de inscricións para a mobilización supera xa o medio millón.
O PP tomba a iniciativa coa que o BNG reclamaba que persoas non electas non poidan acceder ás corporacións municipais e aos gobernos locais, como aconteceu en Santiago. A posición conservadora foi defendida por Paula Prado, que lle achaca un "pucheirazo" á oposición por querer "desgastar" o Goberno galego. Durante a intervención de Prado o grupo de AGE abandonou o hemiciclo.
Arestora celébrase ante o Parlamento a concentración contra a violencia machista convocada polo BNG. Esta mañá comparece o vicepresidente da Xunta para abordar os asasinatos de xénero acontecidos no que vai de ano.
O equipo de Carne Cruda busca financiamento entre a súa audiencia para volver realizar o programa radiofónico, desta volta en colaboración con El Diario
O DOG publica o novo currículo da Educación Primaria a vinte e catro horas do inicio do curso escolar.