O equipo de Carne Cruda busca financiamento entre a súa audiencia para volver realizar o programa radiofónico, desta volta en colaboración con El Diario

O equipo de Carne Cruda busca financiamento entre a súa audiencia para volver realizar o programa radiofónico, desta volta en colaboración con El Diario
O DOG publica o novo currículo da Educación Primaria a vinte e catro horas do inicio do curso escolar.
Bota a andar a sección galega da Assemblea Nacional Catalana, organización cidadá que ultima os actos da Diada Nacional de Catalunya. Presentouse cunha rolda de prensa en Compostela.
A última enquisa sobre o referendo de autodeterminación de Escocia augura un empate técnico, cun 38% para o si e un 39% para o non, que gañou un significativo apoio nas últimas semanas. Recólleo The Guardian
A Asociación de Mulleres Cineastas ve "censura" na exclusión do documental El tren de la libertad do festival Alcances, en Cádiz, que si se proxectou no Festival de Donosti. En El Diario
Medio cento de preferentistas leva aos tribunais as súas multas por participar en mobilizacións. Cóntao Faro de Vigo
A BBC amosa a "destrución" de Gaza con imaxes aéreas gravadas dende un avión non tripulado.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 16 de setembro ante Felipe VI con motivo do inicio do curso en Pereiro de Aguiar.
O Lugo caeu goleado ante Las Palmas nunha mala segunda parte na terceira xornada da Segunda División. En 2ªB, o Celta B colócase líder logo dunha vitoria en Murcia (0-1), mentres que o Coruxo vence na casa (2-1) malia rematar con nove. O Somozas volve vencer no seu campo (3-1), mentres que o Compostela caeu ante o Guijuelo (0-1) e o Racing empatou en Astorga (2-2).
Tan só quince concellos galegos rexistran máis nacementos que defuncións. Pontevedra é a única cidade galega con máis natalidade que defuncións.