Gas Natural Fenosa absorbe Estela Eólica e acapara o 20% do concurso do PP. Acada 525 megavatios do reparto eólico, dos que non desenvolverá nin 200
Fálase
Prodúcese unha explosión tamén no Metro de Bruxelas, nunha estación próxima ás institucións da UE, no barrio europeo, segundo informa a axencia Reuters
Cancelan todos os voos con orixe ou destino no aeroporto de Bruxelas por mor das explosións desta mañá.
A prensa belga dá por confirmada unha persoa morta no aeroporto de Bruxelas, se ben outras fontes elevan xa a cifra a 11 persoas falecidas.
O líder do PP catalán censura que un cadriño humorístico de 'El Periódico' ironice con que os franquistas son na actualidade "liberais de centro dereita"
Un voceiro policial apunta que varias persoas morreron no aeroporto de Bruxelas por mor das explosións. Cítao a NBC.
Confirman a existencia de varias persoas feridas no aeroporto de Bruxelas. A xornalista Anna Ahronheim e Conflict News están a contalo en directo
Dúas explosións provocan a alarma no aeroporto de Bruxelas. A prensa belga está a dar conta do suceso, do que polo momento se descoñecen as causas.
Prescribe a causa contra o exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas (PP) por presunto trato de favor a promotores. A prescrición chega tres días despois da súa declaración como investigado. Recólleo Faro de Vigo.
A Axencia da ONU para persoas refuxiadas, ACNUR, nega que vaia participar nas deportacións masivas pactadas pola UE e Turquía. Faino nunha entrevista en Desalambre