Dúas explosións provocan a alarma no aeroporto de Bruxelas. A prensa belga está a dar conta do suceso, do que polo momento se descoñecen as causas.
Fálase
Prescribe a causa contra o exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas (PP) por presunto trato de favor a promotores. A prescrición chega tres días despois da súa declaración como investigado. Recólleo Faro de Vigo.
A Axencia da ONU para persoas refuxiadas, ACNUR, nega que vaia participar nas deportacións masivas pactadas pola UE e Turquía. Faino nunha entrevista en Desalambre
Besteiro querélase contra a xuíza De Lara por prevaricación xudicial. A maxistrada, argumenta o exlíder do PSdeG, acúsao de feitos acontecidos antes do seu mandato na Deputación de Lugo.
O Goberno realizou devolucións colectivas onte en Melilla tras opoñerse a elas en Bruxelas
VÍDEO O presidente de Cuba, Raúl Castro, vén de recibir a Barack Obama. Esta á gravación do histórico encontro do goberno cubano co presidente dos Estados Unidos.
Varios voluntarios aseguran que foron expulsados do centro de rexistro de Moria, en Lesbos, que está quedando baleiro para aloxar os inmigrantes que serán expulsados trala entrada en vigor do acordo entre a UE e Turquía. "Botaron os voluntarios para converter o centro de refuxiados de Lesbos nun campo de detención", denuncian.
Un grupo de activistas realizáronlle un escrache en Barcelona a Álvaro Reyes polas súas clases machistas de sedución en youtube. Vén de publicarse o vídeo.
José Blanco reitera que non será candidato ás primarias do PSdeG: "A miña derradeira estación política será o Parlamento Europeo", di en declaracións a La Voz de Galicia
Dirixentes do PP reciben "moitísimas mensaxes" de Rita Barberá con diversas advertencias e "ameazas". Vén de revelalas a Cadena SER