Un grupo de activistas realizáronlle un escrache en Barcelona a Álvaro Reyes polas súas clases machistas de sedución en youtube. Vén de publicarse o vídeo.
Fálase
José Blanco reitera que non será candidato ás primarias do PSdeG: "A miña derradeira estación política será o Parlamento Europeo", di en declaracións a La Voz de Galicia
Dirixentes do PP reciben "moitísimas mensaxes" de Rita Barberá con diversas advertencias e "ameazas". Vén de revelalas a Cadena SER
A Xunta inxectará 51 millóns na autoestrada Dozón-Ourense xa que o canon anual de peaxe na sombra non abonda para cubrir os custos. Cóntao La Opinión
Barack Obama inicia a súa histórica visita a Cuba, onde este luns se reunirá con Raúl Castro
A UE pon en marcha as expulsións masivas de persoas refuxiadas mentres seguen as mortes no mar. Cóntao Desalambre
Dúas vitorias e unha derrota galega na LEB Ouro: O Breogán impúxose ao Clavijo por 76-62 e o Ourense gañou ao Castelló 80-86. Mentres, o Básket Coruña caeu diante do Oviedo 76-85.
Boa xornada, polo momento, para o fútbol galego nas principais categorías: O Deportivo gañou 2-1 ao Levante e na Segunda, o Lugo logrou o empate no estadio do Alavés. O Celta enfróntase esta tarde ao Valencia.
Camilo Guevara, fillo do Che, analiza nesta entrevista a visita de Obama a Cuba, que observa como unha mestura de ameaza e oportunidade. "Se cadra, podemos ofrecer unha influencia positiva sobre Estados Unidos", di.
O PSdeG perdería un escano en Pontevedra, que gañaría Ciudadanos. É o que indica unha enquisa de El País realizada en 10 circunscricións "estratéxicas" do Estado. PP e En Marea manterían a sua representación a respecto do 20-D.