Barack Obama inicia a súa histórica visita a Cuba, onde este luns se reunirá con Raúl Castro
Fálase
A UE pon en marcha as expulsións masivas de persoas refuxiadas mentres seguen as mortes no mar. Cóntao Desalambre
Dúas vitorias e unha derrota galega na LEB Ouro: O Breogán impúxose ao Clavijo por 76-62 e o Ourense gañou ao Castelló 80-86. Mentres, o Básket Coruña caeu diante do Oviedo 76-85.
Boa xornada, polo momento, para o fútbol galego nas principais categorías: O Deportivo gañou 2-1 ao Levante e na Segunda, o Lugo logrou o empate no estadio do Alavés. O Celta enfróntase esta tarde ao Valencia.
Camilo Guevara, fillo do Che, analiza nesta entrevista a visita de Obama a Cuba, que observa como unha mestura de ameaza e oportunidade. "Se cadra, podemos ofrecer unha influencia positiva sobre Estados Unidos", di.
O PSdeG perdería un escano en Pontevedra, que gañaría Ciudadanos. É o que indica unha enquisa de El País realizada en 10 circunscricións "estratéxicas" do Estado. PP e En Marea manterían a sua representación a respecto do 20-D.
Rajoy advirte de que se manterá á fronte do PP: "Non me vou render nunca"
Anova celebrará a súa Conferencia Política Nacional o 10 de abril na Coruña. A coordinadora da formación concretou este sábado a convocatoria, orientada a "afortalar a En Marea coma suxeito político" e preparar "a elaboración dun programa de goberno para a Xunta", indican.
A UE imitará os pactos de España con Marrocos para expulsar masivamente as persoas refuxiadas a Turquía. Explícao Desalambre
Pablo Iglesias propón a Pablo Echenique como novo secretario de Organización de Podemos. O nomeamento terá que ser ratificado polo Consello Cidadán da formación despois de Semana Santa. Iglesias anuncia "unha nova época en Podemos" e sinala que non cre que "teña que haber pablistas nin carolinistas, errejonistas ou monteristas".