Cando o PP prometía unha reforma laboral sen abaratar o despedimento.
Fálase
Vídeo do momento histórico no cal Xosé Manuel Beiras le a resolución que propón o abandono do BNG por parte do Encontro Irmandiño, que finalmente foi aprobada por aclamación das máis de 500 persoas presentes
Aprobado o plan de rescate grego. A capital está ardendo. A casa consistorial está afectada polas lapas, así como cinemas, teatros, bancos ou tendas. A foto é do diario Ekathimerini
Está ardendo a casa consistorial de Atenas. Ducias de establecementos (tendas, bancos ou resturantes), entre as lapas mentres os deputados seguen votando o plan de axuste. Link para ver imaxes en directo. Imaxe de @anonops
Tremen as rúas de Atenas e Tesalónica ante o plan de axuste que vota, agora mesmo, o Parlamento de Grecia. Información de Reuters. A foto, de @georgechatzik
Mañá en Praza Pública buscaremos a reacción de destacados dirixentes do BNG e da UPG respecto da decisión do Encontro Irmandiño de abandonar a formación
O Encontro Irmandiño "comezará as accións oportunas para crear un referente político co centro de gravidade na esquerda". Nas redes sociais falan de "ovacións" a Teresa Táboas e Xosé Mosquera (PNG)
A asemblea do Encontro Irmandiño aproba, por aclamación, iniciar a construción dunha "nova fronte plural" á marxe do BNG. Ao chegaren ao acto de clausura, Carlos Aymerich e Xoán Bascuas (+G) son recibidos cunha ovación.
O equipo compostelán de baloncesto Blusens Monbús, da Liga Endesa, gañou este mediodía ao Caja Laboral por 89-87.
Impactante imaxe da praza Sintagma de Atenas. Mentres continúan as mobilizacións, os cidadáns denuncian agresións policiais e os políticos votan o novo plan de axuste. A imaxe é de @Re_Occupy