Os novos directivos de RTVE non conseguen remontar os seus informativos. Tras anos como líderes, en xuño os Telediarios foron superados de novo en audiencia polos espazos de novas de Telecinco e Antena 3, segundo recolle PR Noticias.
Fálase
Os emigrantes comézanse a mobilizar polas multas de Facenda. Un colectivo protesta hoxe ante a Axencia Tributaria de Pontevedra contra as sancións que lles impoñen polo cobro de pensións do estranxeiro.
A Xunta asegura na Radio Galega que estudará denunciar a Joaquín Almunia se o naval ten que devolver o tax lease. A proposta de devolución será aprobada se lle dá o visto e prace todo o Colexio de Comisarios, con 20 membros conservadores e 7 progresistas.
O DOG publica hoxe a convocatoria de subvencións ao talento audiovisual da Agadic. Están dotadas con 66.000 euros.
Hoxe comeza a época de alto risco de incendios en Galicia. O número de emerxencia para avisar dun incendio é o 085 #SeVesLume085
O PP pagou un aloxamento e comidas de luxo e mais sobresoldos a Javier Arenas, segundo informa El Diario
Os tribunais militares españoles poderán xulgar persoas alleas ao Exército "en caso de conflito armado", segundo informa El País
O sector do comercio está chamado hoxe á folga na provincia da Coruña. A reclamación dun novo convenio está apoiada pola CIG, CCOO e UGT.
A SD Compostela é novo equipo de Segunda B tras impoñerse por 0-2 ao Cieza.
A multinacional tecnolóxica galega Blu Sens presenta preconcurso de acredores na súa filial española, segundo recolle Europa Press.