O PP pagou un aloxamento e comidas de luxo e mais sobresoldos a Javier Arenas, segundo informa El Diario

O PP pagou un aloxamento e comidas de luxo e mais sobresoldos a Javier Arenas, segundo informa El Diario
Os tribunais militares españoles poderán xulgar persoas alleas ao Exército "en caso de conflito armado", segundo informa El País
O sector do comercio está chamado hoxe á folga na provincia da Coruña. A reclamación dun novo convenio está apoiada pola CIG, CCOO e UGT.
A SD Compostela é novo equipo de Segunda B tras impoñerse por 0-2 ao Cieza.
A multinacional tecnolóxica galega Blu Sens presenta preconcurso de acredores na súa filial española, segundo recolle Europa Press.
Feijóo reúnese mañá en Madrid co lehendakari, Íñigo Urkullu, e o presidente de Asturias, Javier Fernández. Os tres xuntaranse co presidente de Pymar, Álvaro Platero, para abordar unha posición conxunta ante a proposta de devolución das bonificacións fiscais do tax lease.
O ex presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, apela o PSOE a apoiar máis a Rubalcaba. Fíxoo durante un acto no que foi homenaxeado polo seu impulso ao aval legal ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Cóntao El Diario
O vindeiro martes o PSdeG recibirá no Parlamento a unha delegación de Compromiso por Galicia formada por Xoán Bascuas, Rafael Cuiña e Paulo Carlos López. CxG presentaralles aos socialistas a súa proposta de reforma electoral.
Joaquín Almunia sinala, nunha entrevista en Faro de Vigo, que a situación derivada do conflito do tax lease non é responsabilidade da actual Comisión Europea nin está na súa man resolvela.
El País revela que un deputado do PP e ex alcalde de Celanova figura como socio nunha construtora e non o incluíu na súa declaración de bens na Cámara.