A Executiva Nacional do PSdeG inicia unha investigación sobre as supostas afiliacións masivas denunciadas na agrupación local de Compostela.
Fálase
O Culturgal avanzou este luns algunhas das novidades da súa edición deste 2014 na que, en verbas do presidente da súa directiva, Manuel Bragado, "temos que ampliar o perímetro do Culturgal, en contidos, áreas temáticas, públicos e financiamento". O acto, celebrado en Pontevedra, serviu tamén para presentar a imaxe gráfica desta edición da feira das industrias culturais.
O xornal portugués Público debulla os cambios sufridos pola fronteira portuguesa e a decadencia destes territorios dende que, en virtude do acordo de Schengen, xa non existen postos fronteirizos. Viagem pela raia
Van adiantándose algúns detalles de Orgullo e Satisfacción, o cómic dedicado á coroación de Felipe VI que este mércores publicarán algúns dos debuxantes que decidiron abandonar El Jueves ante a censura da portada dedicada á Monarquía (Albert Monteys, Manel Fontdevila ou Bernardo Vergara)
Orozco valora a posibilidade de rachar o contrato do Concello de Lugo con Urbaser aínda que admite que é "moi difícil". Cóntao El País.
Anticorrupción pide tres anos de cárcere para Gayoso e outros catro ex directivos das antigas caixas galegas. Cóntao Europa Press na súa web.
#folgaurbaser Persoal de Urbaser e membros da CIG concéntrase ante a Audiencia Provincial de Lugo para denunciar o "atropelo" dunha traballadora por parte, din, dun delegado da empresa e censurar a "vulneración do dereito á folga".
Marcus Fernández pregúntase no seu blogue "Que foi do blogomillo?", e analiza o estado actual dalgúns dos espazos máis destacados da blogosfera galega hai cinco anos.
QuienManda, o proxecto da Fundación Civio para deitar luz sobre a actividade dos lobbies, destaca nunha imaxe a presenza dun destacado grupo de xornalistas, nas gradas do partido xogado por España no Mundial de fútbol, convidados por Iberdrola.
Feijóo sentencia que non existe unha crise do modelo político da Transición, senón unha "crise de identidade que sofren as opcións de esquerda e o nacionalismo". Afirmouno en Madrid, onde presentou nun almorzo informativo a delegada do Goberno central nesa rexión, Cristina Cifuentes.