Feijóo sentencia que non existe unha crise do modelo político da Transición, senón unha "crise de identidade que sofren as opcións de esquerda e o nacionalismo". Afirmouno en Madrid, onde presentou nun almorzo informativo a delegada do Goberno central nesa rexión, Cristina Cifuentes.
Fálase
O garda civil indultado polo Goberno central tras ser condenado por gravar unha agresión sexual é fillo dun edil do PP en Asturias, segundo publica El Diario.
Oito autonomías manterán os libros de texto malia á entrada en vigor da LOMCE. En El Diario
Rueda afirma que a perda de votantes que sufriu o PPdeG nas europeas "non pode volver pasar"
O Tribunal de Contas detecta "importantes deficiencias" nas contratacións realizadas en 2010 pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo. O órgano fiscalizador sinala "diferenzas moi significativas" ao comparar o orzamento e o plan de actuación de investimentos
Os debuxantes que deixaron El Jueves (Albert Monteys, Manel Fontdevila, Bernardo Vergara, Paco Alcázar ou Manuel Bartual) pola censura da portada dedicada á Monarquía, anuncian que este mércores publicarán un cómic sobre a coroación de Felipe VI.
Máis dun cento de persoas maniféstanse en Lugo, ao redor da muralla, en apoio dos traballadores e traballadoras de Urbaser en folga
O PSOE provincial coruñés ve "grave e insólita" a "duplicación" do censo de afiliados en Santiago "xusto antes de que se abra o proceso de primarias para a elección de candidato á alcaldía".
Xa está en marcha polas rúas de Vigo a manifestación polo dereito ao aborto. Toda a información, esta tarde en Praza.
Tragsa recolleu o lixo en toda a cidade de Lugo e non só nas tres zonas declaradas de risco sanitario. Os sindicatos, que acusan o Concello de vulnerar o dereito de folga, denuncian tamén que unha delegada de UGT foi atropelada por un representante de Urbaser.