Faro de Vigo salienta que CiU pide liquidar Bankia e vender CataluñaCaixa e Novagalicia Banco
Fálase
El País publica unha sondaxe flash sobre os recortes anunciados onte por Rajoy. Un 62% dos cidadáns rexeita as medidas, mentres que o 21% as aproba. O máis criticado é a suba do IVE (83%), a redución da prestación por desemprego (80%) e o recorte aos funcionarios (77%). Porén, os cidadáns apoian a redución do número de concelleiros (90%), a limitación das achegas a partidos e sindicatos (80%) e a redución de moscosos para os traballadores públicos (57%)
Novagalicia Banco crea unha páxina na que José María Castellano e César González-Bueno din "Antes de nada, perdón", e piden desculpas polas preferentes, os investimentos "pouco prudentes" e as indemnizacións millonarias. Afirman que "estas prácticas producíronse antes da nosa chegada a Novagalicia Banco pero é a nosa obriga facernos cargo". Porén, non anuncian medidas.
As redes sociais comentan esta mañá a diferenza de ton das portadas de La Razón e ABC ante os recortes decididos por Zapatero e por Rajoy. Así, La Razón en maio de 2010 titulaba "Zapatero impone el mayor recorte social de la historia" e hoxe "Sacrificio. Frente a irresponsabilidad sindical". E ABC hai dous anos dicía "Zapatero ejecuta un dramático recorte social" e hoxe "Ajuste 'imprescindible' de Rajoy para una situación 'extrema'".
En Madrid neste momento hai cargas policiais nas rúas do centro (Tirso, Preciados, Sol), contedores ardendo e unha forte presenza policial nos accesos ao barrio de Lavapiés. Na Porta do Sol concéntrase un cento de persoas rodeadas pola policía (imaxe via @fotograccion)
Na Coruña concentráronse ao redor de 300 persoas, en dúas convocatorias (unha en solidariedade cos mineiros e outra en protesta polos recortes) que acabaron sendo unha soa
Imaxe nestes intres da concentración contra os recortes na Praza do Obradoiro de Compostela, convocada a través das redes sociais esta mesma mañá
Celébranse concentracións de apoio ao mineiros e contra os recortes en varias cidades galegas, coma Ferrol, A Coruña, Vigo ou Compostela. En Madrid ás sete e media comezou en Atocha (na imaxe) unha manifestación, convocada como apoio aos mineiros, pero que se converteu nunha protesta contra os axustes.
O ministro de Industria, José Manuel Soria, anuncia un imposto a todas as fontes de xeración de enerxía "progresivo en función dos subsidios" que reciben. Soria non deu máis detalles, pero en principio serían as enerxías renovables, sobre todo a solar e a eólica, as máis prexudicadas pola nova medida.
A CIG chama os e as empregadas do sector público a concentrárense diante dos centros de traballo este venres, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros no que se aprobarán as medidas de axuste.