O ministro de Industria, José Manuel Soria, anuncia un imposto a todas as fontes de xeración de enerxía "progresivo en función dos subsidios" que reciben. Soria non deu máis detalles, pero en principio serían as enerxías renovables, sobre todo a solar e a eólica, as máis prexudicadas pola nova medida.
Fálase
A CIG chama os e as empregadas do sector público a concentrárense diante dos centros de traballo este venres, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros no que se aprobarán as medidas de axuste.
Un cento de traballadores eventuais do SERGAS irromperon hoxe na Dirección de Enfermaría do Hospital da Costa, en Burela, demandando que o centro cubra as baixas con aqueles profesionais que están na lista de contratación e non incrementando as horas do persoal fixo.
CCOO, UGT, CSIF, ELA e CIG, convocados polo Ministerio de Facenda para explicarlles as medidas de axuste para os empregados públicos, erguéronse da mesa en protesta polos recortes. O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, ía debullar as medidas anunciadas por Rajoy no Congreso esta mañá.
CCOO e UGT anuncian unha "mobilización xeral" en toda España na semana do 21 de xullo contra os recortes anunciados por Rajoy.
Mancomún chama a participar no Libre Software World Conference 2012, organizada por AGASOL, que este ano se celebrará en Compostela o 18 e 19 de outubro. É un dos meirandes eventos de difusión do software libre.
A Plaforma polo Aforro Público organiza unha mesa redonda titulada Por que denunciamos a Caixagalicia e Caixanova? Será este xoves ás 19.30 na Coruña na sede da ONCE coa intervención do avogado Pablo Arangüena e de Miguel Quinteiro (ATTAC).
As cargas policiais contra os participantes na manifestación dos mineiros provocan 23 feridos (Imaxe via @alegriablanc). Nas redes sociais (#todosalcongreso) estase chamando a concentrarse diante do Congreso, onde xa protesta un grupo de funcionarios
O PP desbota o pleno extraordinario que reclamou formalmente o PSdeG para, entre outras cousas, iniciar a investigación das caixas, pero garante que se celebrará unha sesión en xullo que incluirá este asunto. Toda a información, esta tarde en Praza.
CC.OO. e UGT anuncian mobilizacións contra os recortes para o sábado 21 de xullo. Mentres, a CEOE apoia as medidas; Juan Rosell di que "é o momento de estar co Goberno para apoiar todas as reformas que haxa que facer".