CCOO e UGT anuncian unha "mobilización xeral" en toda España na semana do 21 de xullo contra os recortes anunciados por Rajoy.
Fálase
Mancomún chama a participar no Libre Software World Conference 2012, organizada por AGASOL, que este ano se celebrará en Compostela o 18 e 19 de outubro. É un dos meirandes eventos de difusión do software libre.
A Plaforma polo Aforro Público organiza unha mesa redonda titulada Por que denunciamos a Caixagalicia e Caixanova? Será este xoves ás 19.30 na Coruña na sede da ONCE coa intervención do avogado Pablo Arangüena e de Miguel Quinteiro (ATTAC).
As cargas policiais contra os participantes na manifestación dos mineiros provocan 23 feridos (Imaxe via @alegriablanc). Nas redes sociais (#todosalcongreso) estase chamando a concentrarse diante do Congreso, onde xa protesta un grupo de funcionarios
O PP desbota o pleno extraordinario que reclamou formalmente o PSdeG para, entre outras cousas, iniciar a investigación das caixas, pero garante que se celebrará unha sesión en xullo que incluirá este asunto. Toda a información, esta tarde en Praza.
CC.OO. e UGT anuncian mobilizacións contra os recortes para o sábado 21 de xullo. Mentres, a CEOE apoia as medidas; Juan Rosell di que "é o momento de estar co Goberno para apoiar todas as reformas que haxa que facer".
Comezan as intervencións dos líderes sindicais mineiros fronte ao Ministerio de Industria. Na parte traseira da manifestación (que a policía local cifra en 35 mil participantes; máis de cen mil para os organizadores) a policía comezou a cargar, provocando seis feridos leves e unha persoa detida.
A masiva manifestación mineira chega por fin ás proximidades do Ministerio de Industria. Esperanza Aguirre vén de restar importancia ao apoio cidadán a esta protesta. Di que onte na Porta do Sol había 20 mil persoas e que "para ser concelleiro en Madrid hai que encher varias veces o Bernabeu"
Arraianos, o filme de Eloy Enciso, seleccionado para o prestixioso festival de cinema de Locarno, que se celebrará a comezos de agosto.
A manifestación dos mineiros xa está na Castellana, camiño ao Ministerio de Industria, onde finalizará dentro dunha hora.