O PP faise coa alcaldía de Oia tras pactar co partido Converxencia Galega para desbancar a alcaldesa, do PSdeG. No municipio o PP ten 4 edís, os socialistas 3, CG outros 3 e o BNG, 1.
Fálase
A presidenta do Parlamento ve un "premio" ser candidata a deputada no Congreso mentres na Cámara galega xa se barallan nomes para substituíla.
Ciudadanos ameaza as posicións electorais de PP e PSOE, segundo unha enquisa para eldiario.es. Podemos baixa a pouco máis do 10% dos votos.
Ada Colau fará campaña con Pablo Iglesias para defender a plurinacionalidade en todo o Estado. Podemos exhibirá os seus acordos en Galicia e Catalunya para reclamar un novo marco territorial.
Marchar da empresa por non aceptar unha rebaixa de soldo equivale a un despedimento. Así o ditamina o Tribunal de Xustiza da UE en referencia a unha Directiva comunitaria.
Fernández Moreda cobrará 61.000 euros anuais como asesor da Valedora do Pobo tras o seu paso polo Concello da Coruña, a Deputación e a vicepresidencia do consello de administración das caixas.
Parados galegos adebedan 23 millóns por cobros indebidos de subsidios de desemprego. O Ministerio de Traballo detectou que non cumprían os requirimentos, recibían axudas incompatibles ou estaban traballando.
Escolares galegos comían os pratos elaborados días antes en Málaga polas empresas ás que a Xunta suspendeu o contrato pola mala condición das comidas. 2.800 rapaces estaban afectados.
Facebook seguirá as conversas políticas de 21 millóns de españois ata o 20D. Distribuirá entre os xornalistas datos xerais sobre os temas máis comentados.
O Constitucional suspende por unanimidade a declaración independentista do Parlament. Acorda cumprir a petición do Goberno central e comunicará a decisión a 21 autoridades catalás.