Fernández Moreda cobrará 61.000 euros anuais como asesor da Valedora do Pobo tras o seu paso polo Concello da Coruña, a Deputación e a vicepresidencia do consello de administración das caixas.
Fálase
Parados galegos adebedan 23 millóns por cobros indebidos de subsidios de desemprego. O Ministerio de Traballo detectou que non cumprían os requirimentos, recibían axudas incompatibles ou estaban traballando.
Escolares galegos comían os pratos elaborados días antes en Málaga polas empresas ás que a Xunta suspendeu o contrato pola mala condición das comidas. 2.800 rapaces estaban afectados.
Facebook seguirá as conversas políticas de 21 millóns de españois ata o 20D. Distribuirá entre os xornalistas datos xerais sobre os temas máis comentados.
O Constitucional suspende por unanimidade a declaración independentista do Parlament. Acorda cumprir a petición do Goberno central e comunicará a decisión a 21 autoridades catalás.
A Xunta rescinde o contrato con dúas empresas de servizo de comedor escolar por "incumprimento grave" das condicións estipuladas. Varios colexios queixáranse nas últimas semanas da mala condición das comidas. A medida afecta 23 centros de toda Galicia.
O alcalde de Becerreá recibe a súa suspensión de militancia no PSOE no marco de proceso de expulsión iniciado polo partido. Manuel Martínez di que esgotará o prazo de alegacións. Cóntao El Progreso
Abren expediente ao presidente da Audiencia Provincial de Ourense por dúas posibles infraccións moi graves. Cóntao La Voz
Vixilancia Aduaneira fai un rexistro no Concello de Pontevedra por orde da xuíza Pilar de Lara, que procura documentación ligada á empresa Aquagest, actualmente denominada Viaqua. Adiántao Faro de Vigo
Audasa poderá subir ata un 1,5% a peaxe a cambio de ampliar a avenida da Vedra na Coruña. O Concello xa advertira das "posibles costraprestacións" no convenio asinado entre Fomento e a empresa.