O alcalde de Becerreá recibe a súa suspensión de militancia no PSOE no marco de proceso de expulsión iniciado polo partido. Manuel Martínez di que esgotará o prazo de alegacións. Cóntao El Progreso
Fálase
Abren expediente ao presidente da Audiencia Provincial de Ourense por dúas posibles infraccións moi graves. Cóntao La Voz
Vixilancia Aduaneira fai un rexistro no Concello de Pontevedra por orde da xuíza Pilar de Lara, que procura documentación ligada á empresa Aquagest, actualmente denominada Viaqua. Adiántao Faro de Vigo
Audasa poderá subir ata un 1,5% a peaxe a cambio de ampliar a avenida da Vedra na Coruña. O Concello xa advertira das "posibles costraprestacións" no convenio asinado entre Fomento e a empresa.
A Marea Atlántica apoia pedir o voto para En Marea e o seu nivel de participación na coalición queda pendente dun "maior coñecemento" do proceso de confluencia. A Rede da plataforma desbotou propoñer nomes para a lista da candidatura na Coruña.
- O grupo do BNG concéntrase ante o Parlamento para esixir a dimisión de Baltar antes de que o restovde grupos cuestionen a Feijóo pola denuncia contra o presidente da Deputación de Ourense, xa que o Bloque non pode participar nesa sesión. Toda a información, hoxe en Praza.
Pilar Rojo será a número tres na candidatura do PP ao Congreso por Pontevedra, polo que abandonará a presidencia do Parlamento galego.
Cavaco Silva segue sen dar pistas sobre que posición tomará á hora de encargar a formación dun novo goberno en Portugal. Este mércores reúnese co cesado primeiro ministro Passos Coelho e co presidente da Assembleia da República, o socialista Eduardo Ferro. Luns e martes da semana que vén ten programada unha visita a Madeira, o que podería adiar o proceso.
Pintan mensaxes machistas ("Stop Feminazis ou "Juzgado Feminazi") ao redor dos xulgados de Violencia sobre a Muller de Madrid. Nos últimos días tres mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, 48 no que levamos de ano.
Artur Mas non logrou a súa reelección na primeira votación de investidura. O xoves volverá someterse a votación, aínda que a CUP xa anunciou que non o apoiará en ningún caso. CDC incrementa a súa presión sobre a CUP e volve ameazar con deter o proceso independentista.