Lage (PSdeG) amosa no pleno as promesas para os empregados públicos contidas no programa electoral co que Feijóo gañou as eleccións. "Todo incumprido", resume.
Fálase
"Vostedes son os reaccionarios", dilles Rodríguez Miranda (PP) a PSdeG e BNG por rexeitar os recortes aos traballadores públicos
Rodríguez Miranda defende o proxecto de lei de recortes aos empregados públicos negando que existan "mordazas" para expresar o rexeitamento á norma e lembrando a Zapatero por "negar a crise".
Lage Tuñas (PSdeG) denuncia dende a tribuna do Parlamento que a Policía estea a gravar a protesta dos traballadores da Xunta mentres impide que o fagan os servizos de prensa dos sindicatos, como adiantou Praza Pública. "É unha volta atrás" e unha "coacción", censura.
Representantes sindicais, no momento de seren desaloxados da tribuna do Parlamento
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, defende a lei de recortes aos empregados públicos como "necesaria, oportuna e imprescindible"
Alfredo Suárez Canal defende a emenda á totalidade presentada polo BNG contra a lei de recortes ao persoal da Xunta. Coida que a propia tramitación é "unha fraude de lei" e coida que a Xunta non incluíu a tesoirada nos orzamentos por un cálculo "electoral"
Comeza o debate da lei de recortes, unha vez aprobado o trámite abreviado de aprobación só cos votos do PP. A conselleira de Facenda insiste en que "non se tocan as retribucións" do persoal ao servizo da Xunta.
A Policía grava en vídeo a protesta de milleiros de traballadores da Xunta contra a lei de recortes que se debate no Parlamento
A presidenta do Parlamento desaloxa da tribuna a representantes sindicais que amosaron pancartas contra a lei de recortes