Rodríguez Miranda defende o proxecto de lei de recortes aos empregados públicos negando que existan "mordazas" para expresar o rexeitamento á norma e lembrando a Zapatero por "negar a crise".
Fálase
Lage Tuñas (PSdeG) denuncia dende a tribuna do Parlamento que a Policía estea a gravar a protesta dos traballadores da Xunta mentres impide que o fagan os servizos de prensa dos sindicatos, como adiantou Praza Pública. "É unha volta atrás" e unha "coacción", censura.
Representantes sindicais, no momento de seren desaloxados da tribuna do Parlamento
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, defende a lei de recortes aos empregados públicos como "necesaria, oportuna e imprescindible"
Alfredo Suárez Canal defende a emenda á totalidade presentada polo BNG contra a lei de recortes ao persoal da Xunta. Coida que a propia tramitación é "unha fraude de lei" e coida que a Xunta non incluíu a tesoirada nos orzamentos por un cálculo "electoral"
Comeza o debate da lei de recortes, unha vez aprobado o trámite abreviado de aprobación só cos votos do PP. A conselleira de Facenda insiste en que "non se tocan as retribucións" do persoal ao servizo da Xunta.
A Policía grava en vídeo a protesta de milleiros de traballadores da Xunta contra a lei de recortes que se debate no Parlamento
A presidenta do Parlamento desaloxa da tribuna a representantes sindicais que amosaron pancartas contra a lei de recortes
Imaxe panorámica da protesta ante o Parlamento contra os recortes no emprego público
As asembleas, concentracións e peches por parte dos empregados da administración pública sucedéronse durante toda a xornada deste luns. Os catro sindicatos da Función Pública coordinan nestes momentos unha mobilización contra o proxecto de lei do emprego público que o Goberno galego vai aprobar esta mañán por lectura única. Na imaxe, protesta no Hospital de Ferrol