Imaxe panorámica da protesta ante o Parlamento contra os recortes no emprego público
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f4c9db8049d4-amuutsscqaa6rsd.jpg)
Imaxe panorámica da protesta ante o Parlamento contra os recortes no emprego público
As asembleas, concentracións e peches por parte dos empregados da administración pública sucedéronse durante toda a xornada deste luns. Os catro sindicatos da Función Pública coordinan nestes momentos unha mobilización contra o proxecto de lei do emprego público que o Goberno galego vai aprobar esta mañán por lectura única. Na imaxe, protesta no Hospital de Ferrol
Xa chegaron os primeiros funcionarios ás portas do Parlamento. Hai un forte dispositivo policial. Imaxe vía @diecisietecosas
O diario Público portugués recolle a nova da fusión entre a universidade Clássica e a Técnica de Lisboa. A alianza enmárcase dentro de "um processo que pretende colocar a nova universidade entre as 100 melhores a nível mundial", constata a publicación.
Mariscadores de Ferrol bloquean nestes momentos o tráfico marítimo na ría en prostesta polo atraso nos pagos que lles adebeda a Xunta
Hoxe cúmprense 50 anos da morte de Julio Camba (e 31 da de Cunqueiro). Manuel Jabois escribe sobre "O selecto fracaso de Camba"
Un buque da compañía Costa Cruceros con máis de mil pasaxeiros a bordo está varado a 200 millas das Seychelles. O barco non ten enerxía eléctrica e non lle funcionan os motores. Hai quince cidadáns españois, segundo informa a compañía. A nova, na BBC. Os familiares dos pasaxeiros poden chamar ao +34 934 87 56 85 para informarse, apunta a compañía. Máis detalles na web da empresa
O déficit galego superou o límite establecido polo Goberno central ata pechar no 1,61% en 2011. É a segunda comunidade tras Madrid cunha menor ratio de déficit, segundo informou hoxe o ministro Cristóbal Montoro. O conxunto das administracións rexistraron unha taxa do 8,51%, máis de catro puntos por riba do obxectivo fixado por Bruxelas para finais de 2012
Xosé Chorén, secretario xeral de Esquerda Nacionalista e coordinador en Lugo de +Galiza, cualificou de "desafortunadas" as declaracións de Carlos Aymerich sobre a súa permanencia no BNG independentemente do que decida a asemblea de +G do día 11 de marzo. Chorén asegurou que "non me parece correcto nun proceso preasambleario manifestarse neses termos".
Representantes sindicais e traballadores e traballadoras da CRTVG iniciaron ás tres da tarde un peche en San Marcos, para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de lei de medidas no emprego público que prevé aprobar mañá o Parlamento de Galicia. O peche comezou despois da celebración dunha asemblea onde se acordou sumarse a esta medida de protesta que está a ter lugar ao mesmo tempo en varios edificios admionistrativos da Xunta.