O déficit galego superou o límite establecido polo Goberno central ata pechar no 1,61% en 2011. É a segunda comunidade tras Madrid cunha menor ratio de déficit, segundo informou hoxe o ministro Cristóbal Montoro. O conxunto das administracións rexistraron unha taxa do 8,51%, máis de catro puntos por riba do obxectivo fixado por Bruxelas para finais de 2012
Fálase
Xosé Chorén, secretario xeral de Esquerda Nacionalista e coordinador en Lugo de +Galiza, cualificou de "desafortunadas" as declaracións de Carlos Aymerich sobre a súa permanencia no BNG independentemente do que decida a asemblea de +G do día 11 de marzo. Chorén asegurou que "non me parece correcto nun proceso preasambleario manifestarse neses termos".
Representantes sindicais e traballadores e traballadoras da CRTVG iniciaron ás tres da tarde un peche en San Marcos, para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de lei de medidas no emprego público que prevé aprobar mañá o Parlamento de Galicia. O peche comezou despois da celebración dunha asemblea onde se acordou sumarse a esta medida de protesta que está a ter lugar ao mesmo tempo en varios edificios admionistrativos da Xunta.
Mariscadores da ría de Ferrol cólganse da ponte das Pías para demandar da Consellaría solucións á situación do sector.
O persoal do sector público celebra asembleas permanentes nos hospitais e peches nas delegacións da Xunta en contra dos recortes.
Raul Pont, secretario xeral do Partido dos Trabalhadores do Brasil (e un dos seus fundadores) escribe en Sinpermiso.info sobre os 32 anos da formación do PT.
Os tres concelleiros do BNG en Chantada (dous do EI e un de +G) danse de baixa como miltantes da formación e anuncian que non cederán as súas actas
O alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, non descarta fusionar o seu concello co de Narón, o que convertería a unión resultante (con máis de 110 mil habitantes) na terceira cidade de Galicia. Rey asegurou no Forum Europa que "a prestación conxunta de servizos é unha obriga a curto prazo"
A Illa de San Simón acollerá o 7 e 8 de marzo a segunda edición de #NeThinking, no que @mtascon, @javiercelaya, @earcos, @kurioso ou @vigalondo debaterán sobre as redes sociais e a comunicación en Internet. Podedes descargar aquí o programa completo.
O Seminario Galego de Educación para a Paz valora positivamente a sentencia que absolve a Garzón do delicto de prevaricación por investigar os crimes da ditadura e do franquismo. O SGEP confía en que agora "outro xuíz ou xuíces se farán cargo daquelas investigacións que teñen por fin restaurar a memoria das vítimas, recuperar os cadáveres sepultados en gabias (máis de 100.000) e reparar o dano causado".