Os tres concelleiros do BNG en Chantada (dous do EI e un de +G) danse de baixa como miltantes da formación e anuncian que non cederán as súas actas
Fálase
O alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, non descarta fusionar o seu concello co de Narón, o que convertería a unión resultante (con máis de 110 mil habitantes) na terceira cidade de Galicia. Rey asegurou no Forum Europa que "a prestación conxunta de servizos é unha obriga a curto prazo"
A Illa de San Simón acollerá o 7 e 8 de marzo a segunda edición de #NeThinking, no que @mtascon, @javiercelaya, @earcos, @kurioso ou @vigalondo debaterán sobre as redes sociais e a comunicación en Internet. Podedes descargar aquí o programa completo.
O Seminario Galego de Educación para a Paz valora positivamente a sentencia que absolve a Garzón do delicto de prevaricación por investigar os crimes da ditadura e do franquismo. O SGEP confía en que agora "outro xuíz ou xuíces se farán cargo daquelas investigacións que teñen por fin restaurar a memoria das vítimas, recuperar os cadáveres sepultados en gabias (máis de 100.000) e reparar o dano causado".
O xornalista Jordi Pérez Colomé salienta no seu blog que "A nova exclusiva de Wikileaks non é un bombazo". Hackers de Anonymous entraron na base de datos de Stratfor hai uns meses e roubaron os correos dos seus empregados e déronlle este material a Wikileaks. Pérez Colomé afirma que nestes cinco millóns de correos "non hai nada serio" e que se trata de simples "conversas entre analistas".
Está a piques de comezar a roda de prensa na que Julian Assange explicará a última gran filtración de Wikileaks: os 5 millóns de correos electrónicos da compañía privada de intelixencia Stratfor
Inzar anuncia a súa disolución. A organización que resultara da fusión da Liga Comunista Revolucionaria e do Movemento Comunista de Galiza, integrada no BNG, remata o seu "ciclo vital" tras unha época de "indesexábel distancia entre a nosa existencia real e as pretensións formalmente reclamadas nos nosos documentos fundacionais", din.
O Tribunal Supremo absolve a Garzón pola causa do franquismo
Pescanova obtivo en 2011 un beneficio neto superior aos 50 millóns de euros, por riba dos resultados do exercicio anterior (36,3 millóns). A multinacional con sede en Chapela mantivo unha cota superior ás 100.000 toneladas de peixe. Datos que acaba de remitir á CNMV
ETA prepara tres accións sucesivas para escenificar o seu final, segundo El Confidencial Digital: 1- Comunicado recoñecendo o dano causado. 2- Anuncio de disolución. 3- Entrega das armas