A Illa de San Simón acollerá o 7 e 8 de marzo a segunda edición de #NeThinking, no que @mtascon, @javiercelaya, @earcos, @kurioso ou @vigalondo debaterán sobre as redes sociais e a comunicación en Internet. Podedes descargar aquí o programa completo.
Fálase
O Seminario Galego de Educación para a Paz valora positivamente a sentencia que absolve a Garzón do delicto de prevaricación por investigar os crimes da ditadura e do franquismo. O SGEP confía en que agora "outro xuíz ou xuíces se farán cargo daquelas investigacións que teñen por fin restaurar a memoria das vítimas, recuperar os cadáveres sepultados en gabias (máis de 100.000) e reparar o dano causado".
O xornalista Jordi Pérez Colomé salienta no seu blog que "A nova exclusiva de Wikileaks non é un bombazo". Hackers de Anonymous entraron na base de datos de Stratfor hai uns meses e roubaron os correos dos seus empregados e déronlle este material a Wikileaks. Pérez Colomé afirma que nestes cinco millóns de correos "non hai nada serio" e que se trata de simples "conversas entre analistas".
Está a piques de comezar a roda de prensa na que Julian Assange explicará a última gran filtración de Wikileaks: os 5 millóns de correos electrónicos da compañía privada de intelixencia Stratfor
Inzar anuncia a súa disolución. A organización que resultara da fusión da Liga Comunista Revolucionaria e do Movemento Comunista de Galiza, integrada no BNG, remata o seu "ciclo vital" tras unha época de "indesexábel distancia entre a nosa existencia real e as pretensións formalmente reclamadas nos nosos documentos fundacionais", din.
O Tribunal Supremo absolve a Garzón pola causa do franquismo
Pescanova obtivo en 2011 un beneficio neto superior aos 50 millóns de euros, por riba dos resultados do exercicio anterior (36,3 millóns). A multinacional con sede en Chapela mantivo unha cota superior ás 100.000 toneladas de peixe. Datos que acaba de remitir á CNMV
ETA prepara tres accións sucesivas para escenificar o seu final, segundo El Confidencial Digital: 1- Comunicado recoñecendo o dano causado. 2- Anuncio de disolución. 3- Entrega das armas
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o premio empresarial Abertos ao Galego, para empresas que destaquen polo "uso normal" da lingua propia de Galicia
Ferrol, en liquidación. Rafael Saura advirte no Diario de Ferrol que "a nosa cidade xa non superará outro golpe. O cese de actividad nos estaleiros de Ferrol e Fene, de producirse a comezos deste verán, como se teme, suporá o derrube económico e demográfico da cidade e a súa comarca"