O Tribunal Supremo absolve a Garzón pola causa do franquismo
Fálase
Pescanova obtivo en 2011 un beneficio neto superior aos 50 millóns de euros, por riba dos resultados do exercicio anterior (36,3 millóns). A multinacional con sede en Chapela mantivo unha cota superior ás 100.000 toneladas de peixe. Datos que acaba de remitir á CNMV
ETA prepara tres accións sucesivas para escenificar o seu final, segundo El Confidencial Digital: 1- Comunicado recoñecendo o dano causado. 2- Anuncio de disolución. 3- Entrega das armas
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o premio empresarial Abertos ao Galego, para empresas que destaquen polo "uso normal" da lingua propia de Galicia
Ferrol, en liquidación. Rafael Saura advirte no Diario de Ferrol que "a nosa cidade xa non superará outro golpe. O cese de actividad nos estaleiros de Ferrol e Fene, de producirse a comezos deste verán, como se teme, suporá o derrube económico e demográfico da cidade e a súa comarca"
The Sun on Sunday (que substitúe o clausurado News of the World) publica que Alex Salmond podería fixar o referendo para a independencia da Escocia o 18 de outubro de 2014, dentro de dous anos e medio.
A contribución da industria ao crecemento do PIB galego rexistrou o pasado trimestre o valor máis baixo desde o segundo tramo de 2006, segundo os datos recompilados polo IGE
Os presidentes da Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta presentarán ás 13:30 horas do mediodía no rexistro do Parlamento unha "solicitude de retirada do proxecto de lei de medidas no emprego público e a consideración doutras alternativas de aforro". Este martes haberá unha "macroconcentración" diante do Parlamento, coincidindo coa aprobación de devandito decreto.
The Artist, triunfadora da noite dos Oscar con cinco premios: mellor película, mellor director, mellor actor, mellor dirección artística e mellor banda sonora. Meryl Streep levou o de mellor actriz e Woody Allen o de mellor guion orixinal. A iraniana Nader e Simin, una separación foi o mellor filme de fala non inglesa. Finalmente, Chico y Rita non obtivo o premio na categoría de longametraxe de animación.
Este luns, Wikileaks explicará as súas filtracións en Londres. Nunha nota feita pública, detallan que colaboran con 25 medios de comunicación en todo o mundo, entre eles Público, e propoñen o hastag #gifiles para seguir a información en Twitter. Comunicado de Wikileaks.