Euskaltel compra R por 1.155 millóns. A empresa nacida en Galicia, que ata agora era propiedade do fondo luxemburgués CVC (70%) e Abanca (30%), manterá a súa marca e estrutura.
Fálase
A ONU insta a España a derrogar a Lei de Amnistía e investigar os crimes do franquismo. Solicítao o Comité de Dereitos Humanos, que amosa a súa preocupación por que non se aclarasen execucións e desaparicións do pasado.
O xuíz da Gürtel ordena rexistrar a sede do Banco Popular na Coruña. A Audiencia Nacional xa remitira tres requirimetos nos dous últimos anos para que lle achegasen datos sobre seis contas baixo sospeita pero non tivo a colaboración da entidade que preside Ángel Ron.
O paro baixa no segundo trimestre do ano en 295.600 persoas, ata os 5.149.000 millóns de desempregados, o 22,37%, segundo as cifras da EPA. O número de persoas ocupadas crece en 411.800. En Galicia hai 23 mil parados menos, un total de 252.500 (o 20%); o número de ocupados crece en case 25 mil persoas.
Esther F. Carrodeguas gaña a décima edición do Premio Abrente de Textos Teatrais, covocado pola MIT de Ribadavia, coa obra Voaxa e Carmín
Portugal celebrará eleccións o vindeiro 4 de outubro, segundo anunciou este mércores o Presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, que pediu un acordo entre os grandes partidos.
Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, afirma que o "custe social e económico" da sanidade pública será "imposible de asumir" se non se adoptan medidas correctoras "a medio e a longo prazo"
Ao redor de 60 mil persoas votaron nas primarias de Podemos, que pecharon este mércores o seu prazo de votación. Representan o 16% dos 385 mil inscritos e instritas, un censo probablemente desactualizado, e case a metade das que votaron o pasado mes de novembro.
El Diario publica un gráfico que permite ver os efectos da reforma electoral proposta polo PP para primar as maiorías. Cidades como Valladolid, Oviedo, Badalona ou Ferrol sería gobernadas polos populares.
Tsipras obtén o apoio do Parlamento ao segundo paquete de reformas a pesar da división de Syriza. 36 deputados votaron en contra, tres menos que na anterior votación. Na rúa, miles de persoas manifestáronse contra o rescate pactado polo Goberno.