Esther F. Carrodeguas gaña a décima edición do Premio Abrente de Textos Teatrais, covocado pola MIT de Ribadavia, coa obra Voaxa e Carmín
Fálase
Portugal celebrará eleccións o vindeiro 4 de outubro, segundo anunciou este mércores o Presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, que pediu un acordo entre os grandes partidos.
Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, afirma que o "custe social e económico" da sanidade pública será "imposible de asumir" se non se adoptan medidas correctoras "a medio e a longo prazo"
Ao redor de 60 mil persoas votaron nas primarias de Podemos, que pecharon este mércores o seu prazo de votación. Representan o 16% dos 385 mil inscritos e instritas, un censo probablemente desactualizado, e case a metade das que votaron o pasado mes de novembro.
El Diario publica un gráfico que permite ver os efectos da reforma electoral proposta polo PP para primar as maiorías. Cidades como Valladolid, Oviedo, Badalona ou Ferrol sería gobernadas polos populares.
Tsipras obtén o apoio do Parlamento ao segundo paquete de reformas a pesar da división de Syriza. 36 deputados votaron en contra, tres menos que na anterior votación. Na rúa, miles de persoas manifestáronse contra o rescate pactado polo Goberno.
O PP rexistra a súa proposta para que goberne a lista máis votada. A dereita pretende que se reforme o procedemento de elección nas municipais en tres meses.
Manuel Portas é o gañador da XXVII edición do Premio de Novela Manuel García Barros coa obra titulada Lourenço Xograr
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil activa a prealerta por sequía. Incrementará a súa vixilancia nos permisos de rego e pídelle á poboación que faga un consumo responsable
Besteiro solicita a nulidade da súa imputación e carga contra a xuíza por abrir a causa sen razón. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que declarará dentro de dez días, afirma que Pilar de Lara non é a competente para levar o procedemento