Besteiro solicita a nulidade da súa imputación e carga contra a xuíza por abrir a causa sen razón. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que declarará dentro de dez días, afirma que Pilar de Lara non é a competente para levar o procedemento
Fálase
Seguen desaparecidos os tres xornalistas españois desparecidos en Siria, preto de Alepo. Antonio Pampliega, José Manuel López e Ángel Sastre son freelances e supostamente foron secuestrados.
Varufakis afirma nun artigo que o fondo de privatizacións grego imposto polo FMI é un "horror" e un "estigma". Explica a súa proposta alternativa ao fondo, que pasaría por crear un grupo financeiro que acabara servindo como base a un banco de investimentos
Tres xornalistas españois, secuestrados en Siria. Ángel Sastre, Antonio Pampliega e José Manuel López foron capturados en Alepo e Exteriores di estar tratando de localizar os reporteiros.
A Xunta alerta de que Galicia perderá o 40% da súa poboación nos vindeiros 36 anos se non soluciona a súa crise demográfica. En 2050 pasaría dos 2'7 millóns de habitantes actuais aos 1'7 millóns, sinalou Beatriz Mato.
O Deportivo desestima a fichaxe de Julio Rey para o Fabril por un tuit de hai tres anos no que o xogador de Vilagarcía insultaba o equipo
A negativa de España e outros países impide que UE complete a acollida repartida de 40.000 refuxiados. Dos 4.288 solicitantes de asilo asignados, o Goberno español só acepta acoller 1.300.
A Marea Atlántica e toda a oposición asinan o acordo para a organización municipal na Coruña logo de sumarse o PP.
Guardiola pechará a lista conxunta independentista do 27S. O adestrador do Bayern apoiará así a candidatura soberanista de CDC, ERC e varias entidades civís.
Falece o piloto galego Dani Rivas nun accidente en Laguna Seca. Un problema na súa moto provocou que os seus compañeiros batesen contra el na proba na que debutaba co seu novo equipo. Outro piloto español perdeu a vida tamén no accidente.