A Xunta alerta de que Galicia perderá o 40% da súa poboación nos vindeiros 36 anos se non soluciona a súa crise demográfica. En 2050 pasaría dos 2'7 millóns de habitantes actuais aos 1'7 millóns, sinalou Beatriz Mato.
Fálase
O Deportivo desestima a fichaxe de Julio Rey para o Fabril por un tuit de hai tres anos no que o xogador de Vilagarcía insultaba o equipo
A negativa de España e outros países impide que UE complete a acollida repartida de 40.000 refuxiados. Dos 4.288 solicitantes de asilo asignados, o Goberno español só acepta acoller 1.300.
A Marea Atlántica e toda a oposición asinan o acordo para a organización municipal na Coruña logo de sumarse o PP.
Guardiola pechará a lista conxunta independentista do 27S. O adestrador do Bayern apoiará así a candidatura soberanista de CDC, ERC e varias entidades civís.
Falece o piloto galego Dani Rivas nun accidente en Laguna Seca. Un problema na súa moto provocou que os seus compañeiros batesen contra el na proba na que debutaba co seu novo equipo. Outro piloto español perdeu a vida tamén no accidente.
Vén de constituírse oficialmente ARELAS, asociación galega de familias de menores trans. Conta na súa Presidencia e Secretaría con Cristina Palacios e Soledad Fernández, nais das primeiras menores que conseguiron en Galicia o cambio de nome legal
Galicia, Mellor Sen Touradas denuncia o intento de trasladar a celebración deste espectáculo dende Sarria a Triacastela, onde goberna o Partido Popular. A entidade afirma que coa subvención da tourada que se realizaba no municipio sarriano, ao redor de 10.000 euros, se poderían facilitar 11 bolsas de comedor durante un ano para nenos de familias en risco de exclusión.
A Asociación Cultural Chuza! fai "un chamamento tanto ás asociacións como aos particulares interesados en contribuir a mellorar a rede galega de cara a unir esforzos". Ademais, anuncia que trasvasarán os seus actuais proxectos (coma oQue.gal) a outra entidade de fins máis amplos. A actividade da asociación viuse moi limitada pola aplicación da Lei de Propiedade Intelectual
A Praza do Obradoiro, en Compostela, acolleu o acto de benvida a máis de 300 nenos e nenas saharauis que pasarán o verán en Galicia. O acto, organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, serviu tamén para sinalar "o problema político existente" e a necesidade de recoñecer a soberanía do país ocupado por Marrocos.