A Asociación Cultural Chuza! fai "un chamamento tanto ás asociacións como aos particulares interesados en contribuir a mellorar a rede galega de cara a unir esforzos". Ademais, anuncia que trasvasarán os seus actuais proxectos (coma oQue.gal) a outra entidade de fins máis amplos. A actividade da asociación viuse moi limitada pola aplicación da Lei de Propiedade Intelectual
Fálase
A Praza do Obradoiro, en Compostela, acolleu o acto de benvida a máis de 300 nenos e nenas saharauis que pasarán o verán en Galicia. O acto, organizado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, serviu tamén para sinalar "o problema político existente" e a necesidade de recoñecer a soberanía do país ocupado por Marrocos.
Os avogados das vítimas do accidente do Alvia cren que o xuízo polo accidente pode aidarse aínda un ano máis, segundo destaca este luns La Voz de Galicia
Tras tres días de veto, os ferroláns xa poden consumir con normalidade auga da billa. Máis información en Praza en breve.
O patrón dun barco bota aos concelleiros do PP da súa embarcación na procesión da Virxe do Carme. Segundo o xefe da embarcación, o motivo foi que o día antes, o rexedor expulsárao do seu despacho.
Toni Cantó solicitou ao Congreso a axuda económica para deputados sen ingresos ao deixar a política. O Congreso paga ao actor mensualidades de 2.813 euros brutos en concepto de "indemnización por cese". A noticia completa, en eldiario.es
A curva de Angrois continúa sen sistemas de seguridade máxima dous anos despois da traxedia do Alvia. Cóntao La Voz de Galicia
- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, informa nas súas Redes Sociais de que as últimas análises da auga permitirían o levantamento da restricción. Están á espera da confirmación da Xunta.
Tsipras xa ten novo equipo de goberno. Co cambio o presidente heleno busca maior estabilidade e conseguir o obxectivo de conseguir o terceiro rescate, logo de que as disidencias internas puxeran en perigo a súa maioría parlamentaria. Cóntao eldiario.es
O fiscal pide inhabilitación e cárcere para a alcaldesa socialista de Viveiro María Loureiro. Solicita a apertura de xuízo oral que tamén afecta á súa compañeira na corporación, Isabel Rodríguez. Enfróntanse a penas de 15 meses de cadea e oito anos de inhabilitación para cargo público por suposta prevaricación urbanística.