
Fálase
- O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, informa nas súas Redes Sociais de que as últimas análises da auga permitirían o levantamento da restricción. Están á espera da confirmación da Xunta.
Tsipras xa ten novo equipo de goberno. Co cambio o presidente heleno busca maior estabilidade e conseguir o obxectivo de conseguir o terceiro rescate, logo de que as disidencias internas puxeran en perigo a súa maioría parlamentaria. Cóntao eldiario.es
O fiscal pide inhabilitación e cárcere para a alcaldesa socialista de Viveiro María Loureiro. Solicita a apertura de xuízo oral que tamén afecta á súa compañeira na corporación, Isabel Rodríguez. Enfróntanse a penas de 15 meses de cadea e oito anos de inhabilitación para cargo público por suposta prevaricación urbanística.
Un incendio na parroquia de San Clodio, en Ribas de Sil (Lugo) leva queimadas máis de 30 hectáreas desde a pasada noite. Medio Rural informa de que na extinción traballan dous helicópteros, dous avións, dezaséis brigadas, oito motobombas, cinco axentes forestais, un técnico e unha pala.
O goberno de Lalín propón que a vila estea libre de desafiuzamentos. Así o recolle unha moción subscrita por CxG, PSdeG e APAC. O documento recolle 5 propostas:
1. Declarar ao Concello de Lalín, Concello Libre de Desafiuzamentos.
2. O Concello de Lalín porá todos os medios ao seu alcance para que ningunha persoa sexa expulsada do seu fogar, cando esa vivenda sexa a habitual e única.
3. O Concello non facilitará medios municipais para colaborar nas expulsións
4. O Concello adoptará as medidas que estean ao seu alcance contra aqueles bancos que executen desafiuzamentos sen negociar a dación en pago ou o alugueiro social
5. O Concello retirará –ata os límites legais permitidos- os seus cartos das contas dos bancos que executen desafiuzamentos sen poñer medidas alternativas para os afectados.Na xornada de hoxe, tampouco se poderá consumir auga da billa en Ferrolterra. Os niveis de trihalometanos, o químico subproduto da desinfección da agua con cloro, continúan fóra dos niveis correctos, segundo o último análise que fixo a Xunta. Cóntao a Voz de Galicia.
Marea Atlántica, PSdeG e BNG chegan a un acordo sobre os soldos e organización do Concello. Segundo avanza La Voz, tras este acordo Mar Barcón deixará de ser a voceira socialista pero continuará como edil. O alcalde, Xulio Ferreiro, agarda que o acordo sexa "unánime" e "histórico" no consistorio coruñés.
A Xunta culpa o alcalde de Ferrol dos problemas no subministro da auga. Afírmao nun comunicado que vén de difundir a través das súas redes sociais, no que indica que a empresa concesionaria do servizo de augas "tardou dúas semanas" en notificar "que unha análise dera resultados anómalos". O Concello ferrolán, pola súa banda, informa dos puntos nos que repartirá auga ao longo da tarde.
A socialista Carmela Silva xa preside a Deputación de Pontevedra. A nova presidenta, tras ser investida cos votos de PSdeG e BNG, prometeu un "cambio radical na Deputación" que ata agora dirixía o popular Rafael Louzán. O vicepresidente será César Mosquera, do Bloque. Recólleo Faro de Vigo
O Concello de Ferrol agarda que as restricións no subministro de auga queden solventadas durante a fin de semana. Está a contalo Ferrol 360