A Xunta culpa o alcalde de Ferrol dos problemas no subministro da auga. Afírmao nun comunicado que vén de difundir a través das súas redes sociais, no que indica que a empresa concesionaria do servizo de augas "tardou dúas semanas" en notificar "que unha análise dera resultados anómalos". O Concello ferrolán, pola súa banda, informa dos puntos nos que repartirá auga ao longo da tarde.
Fálase
A socialista Carmela Silva xa preside a Deputación de Pontevedra. A nova presidenta, tras ser investida cos votos de PSdeG e BNG, prometeu un "cambio radical na Deputación" que ata agora dirixía o popular Rafael Louzán. O vicepresidente será César Mosquera, do Bloque. Recólleo Faro de Vigo
O Concello de Ferrol agarda que as restricións no subministro de auga queden solventadas durante a fin de semana. Está a contalo Ferrol 360
- Comeza a marcha a prol do sector lácteo en Compostela. Toda a información, hoxe en Praza
A Xunta ratifica a fin da autorización a Azetanet para impartir cursos de formación. A entidade presuntamente implicada na fraude dos cursos pediu esta baixa o pasado febreiro
A Xunta deu xa por controlado o incendio que a pasada noite afectou á illa de Cortegada, no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Este mediodía constitúese a Deputación de Pontevedra. Estará presidida pola socialista Carmela Silva á fronte dun goberno de coalición de PSdeG e BNG
Abanca gañou 182 millóns de euros ata xuño. Faro de Vigo resume os resultados da entidade resultante da compra dos restos das antigas caixas galegas.
O Gobernador do BCE, Mario Draghi, ve "necesaria" unha reestruturación da débeda grega