Este mediodía constitúese a Deputación de Pontevedra. Estará presidida pola socialista Carmela Silva á fronte dun goberno de coalición de PSdeG e BNG
Fálase
Abanca gañou 182 millóns de euros ata xuño. Faro de Vigo resume os resultados da entidade resultante da compra dos restos das antigas caixas galegas.
O Gobernador do BCE, Mario Draghi, ve "necesaria" unha reestruturación da débeda grega
Ourense rexistra nestes momentos media ducia de incendios, en Xinzo, Riós, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Laza, Pereiro de Aguiar e Calvos de Randín
O PP saca adiante en solitario -agás 3 abstencións- o recorte ao dereito ao aborto para mulleres de entre 16 e 18 anos. Esta reportaxe de eldiario.es explica as "trampas legais" da nova normativa.
A liga Asobal deixa fóra o Cangas -5º na pasada tempada- e o Teucro, que logrou o ascenso, aludindo motivos económicos. Vén de anuncialo a través dun comunicado
Prohíbese temporalmente o consumo de auga da billa en Narón, Ferrol, Fene, Mugardos e Ares debido ao "incumprimento dos paramétricos químicos". Este mediodía os concellos informarán polo miúdo do acontecido.
O socialista Valentín González Formoso, elixido novo presidente da Deputación da Coruña cos votos de PSdeG, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. Toda a información, hoxe en Praza.
O incendio que permanece activo en Calvos de Randín queimou xa unhas 150 hectáreas, segundo Medio Rural, que dá por extinguido o lume en Boborás e Coristanco.