Ourense rexistra nestes momentos media ducia de incendios, en Xinzo, Riós, Xunqueira de Ambía, Sarreaus, Laza, Pereiro de Aguiar e Calvos de Randín
Fálase
O PP saca adiante en solitario -agás 3 abstencións- o recorte ao dereito ao aborto para mulleres de entre 16 e 18 anos. Esta reportaxe de eldiario.es explica as "trampas legais" da nova normativa.
A liga Asobal deixa fóra o Cangas -5º na pasada tempada- e o Teucro, que logrou o ascenso, aludindo motivos económicos. Vén de anuncialo a través dun comunicado
Prohíbese temporalmente o consumo de auga da billa en Narón, Ferrol, Fene, Mugardos e Ares debido ao "incumprimento dos paramétricos químicos". Este mediodía os concellos informarán polo miúdo do acontecido.
O socialista Valentín González Formoso, elixido novo presidente da Deputación da Coruña cos votos de PSdeG, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. Toda a información, hoxe en Praza.
O incendio que permanece activo en Calvos de Randín queimou xa unhas 150 hectáreas, segundo Medio Rural, que dá por extinguido o lume en Boborás e Coristanco.
Unha fundación franquista di que denunciará os alcaldes da Coruña e Santiago se retiran simboloxía da ditadura en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. Cóntao Economía Digital
Ferido o piloto dunha avioneta contra incendios ao esnafrarse en Doade (Sober). Cóntao El Progreso
Ada Colau e Gerardo Pisarelo reciben a Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez (Anova) no Concello de Barcelona. Recólleo La Vanguardia
Tsipras saca adiante no Parlamento o acordo coa troika con 32 votos en contra de Syriza, entre eles o de Varoufakis. Recólleo eldiario.es