Tsipras saca adiante no Parlamento o acordo coa troika con 32 votos en contra de Syriza, entre eles o de Varoufakis. Recólleo eldiario.es
Fálase
A Xunta duplicará a altura das construcións autorizadas nos solos rústicos de máis protección. Será unha medida incluída na nova Lei do Solo, segundo recolle La Voz
A Xunta anuncia nun encontro cos reitores un incremento do 17% na dotación do Plan de Financiamento das universidades. O novo plan "primará os resultados", di Educación.
Caso Pokémon: A xuíza De Lara cita como imputado o extenente de alcalde da Coruña, Julio Flores, por presunto trafico de influencias na contratación de persoal no museo MUNCYT da Coruña. Flores terá que declarar o vindeiro día 22, cando terá que responder como imputado un responsable de Véndex por "tráfico de influencias, aproveitamento de información privilexiada e fraude na contratación", segundo un auto ao que vén de ter acceso Praza Pública.
A galega Verónica Boquete, nomeada ao galardón como mellor xogadora de Europa pola UEFA
A Xunta concédelle a Medalla de Galicia ao escritor Xosé Neira Vilas, ao piragüista David Cal, ao oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, ao xornalista Enrique Beotas.
Este mediodía as forzas políticas secundan a declaración d'A Mesa a prol da lingua galega. Toda a información, hoxe en Praza.
Rajoy anuncia que o rescate a Grecia será debatido e votado no Congreso. O rescate á banca española foi aceptado sen debate nin votación previa.
O pleno de organización na Deputación de Lugo liquídase en apenas 2 minutos e sen debate. Recólleo La Voz
Tsipras tenta convencer o pobo grego sobre o acordo coa troika apelando ao pragmatismo aínda que, di, "non cre" no pactado.