O paro rexistrado aumentou en 3.286 persoas durante o mes de decembro en Galicia, a autonomía con maior suba. Mentres, no conxunto do Estado as persoas inscritas nas oficinas de emprego descenderon en 64.405. A afiliación á Seguridade Social descendeu en 2.178 persoas mentres que no Estado aumento en case 80.000. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
Un concello madrileño admite que unha organización de ultradereita organice un reparto de xoguetes "só para españois". Cóntao a Cadena SER
O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, reduce os casos de corrupción a "cuestións particulares con nomes e apelidos" e asegura que a militancia do partido está "indignada" con eles. Recólleo Faro de Vigo
Unha manifestación contra a especulación en Elviña percorre as rúas da Coruña. A cacerolada diríxese cara á praza de María Pita para denunciar os desaloxos polo Ofimático e as "expropiacións inxustas". Foto de @htejon.
Os galegos afectados pola hepatite C piden acceso a novos fármacos no Obradoiro e unha solución por parte do Goberno central. Na praza compostelá rematou a carreira por relevos que saíu de Vigo organizada pola Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C.
O Lugo empata sen goles ante a Ponferradina no Anxo Carro e mantense na zona media da táboa na Segunda División. En 2ªB, o Somozas gañou en Xixón (2-3) ante o filial do Sporting e o Celta B venceu o Marino de Luanco (2-0).
Anxo Lugilde analiza en RAC-1 o seu libro De Beiras a Podemos, obra editada por Praza e Meubook. O xornalista e politólogo galego falou sobre a inspiración que Pablo Iglesias tivo na política galega e na formación de AGE para a creación de Podemos.
Fernández Díaz fai un cuartel da Garda Civil que ninguén quere na vila familiar. O ministro do Interior decide gastar 2 millóns de euros nunha instalación que nin os axentes desexan.
Falece Ulrich Beck, o sociólogo das fendas da modernidade. O autor de Sociedade do risco morreu onte en Múnich aos 70 anos.
A herdanza urbanística ameaza Sanxenxo coa bancarrota. Derrubas, indemnizacións e expropiacións pendentes afogan as contas municipais.