O Lugo empata sen goles ante a Ponferradina no Anxo Carro e mantense na zona media da táboa na Segunda División. En 2ªB, o Somozas gañou en Xixón (2-3) ante o filial do Sporting e o Celta B venceu o Marino de Luanco (2-0).
Fálase
Anxo Lugilde analiza en RAC-1 o seu libro De Beiras a Podemos, obra editada por Praza e Meubook. O xornalista e politólogo galego falou sobre a inspiración que Pablo Iglesias tivo na política galega e na formación de AGE para a creación de Podemos.
Fernández Díaz fai un cuartel da Garda Civil que ninguén quere na vila familiar. O ministro do Interior decide gastar 2 millóns de euros nunha instalación que nin os axentes desexan.
Falece Ulrich Beck, o sociólogo das fendas da modernidade. O autor de Sociedade do risco morreu onte en Múnich aos 70 anos.
A herdanza urbanística ameaza Sanxenxo coa bancarrota. Derrubas, indemnizacións e expropiacións pendentes afogan as contas municipais.
Os deputados galegos non volverán ao Parlamento ata febreiro ao non declararse hábil xaneiro. Non hai actividade ningunha prevista este mes na Cámara do Hórreo.
Sorte dispar para Celta e Deportivo. Os branquiazuis venceron en Riazor o Athletic (1-0) grazas a un gol de Cavaleiro; os celestes caeron en Sevilla (1-0) malia merecer moito máis. Na Segunda B, Racing de Ferrol e Compostela gañaron os seus partidos.
O PP insta os seus cargos en Lugo a defender a Xunta e o Sergas ante o desgaste entre a cidadanía pola falta de servizos no hospital, que provocou as críticas do propio partido na Deputación.
As administracións examinarán os funcionarios, que poderían perder o seu posto se suspenden. Xunta e concellos farán cursos de formación aos empregados con mala nota.
O Goberno central gastará 12 millóns en deportar inmigrantes nos dous vindeiros anos a través dos polémicos voos.