Os deputados galegos non volverán ao Parlamento ata febreiro ao non declararse hábil xaneiro. Non hai actividade ningunha prevista este mes na Cámara do Hórreo.
Fálase
Sorte dispar para Celta e Deportivo. Os branquiazuis venceron en Riazor o Athletic (1-0) grazas a un gol de Cavaleiro; os celestes caeron en Sevilla (1-0) malia merecer moito máis. Na Segunda B, Racing de Ferrol e Compostela gañaron os seus partidos.
O PP insta os seus cargos en Lugo a defender a Xunta e o Sergas ante o desgaste entre a cidadanía pola falta de servizos no hospital, que provocou as críticas do propio partido na Deputación.
As administracións examinarán os funcionarios, que poderían perder o seu posto se suspenden. Xunta e concellos farán cursos de formación aos empregados con mala nota.
O Goberno central gastará 12 millóns en deportar inmigrantes nos dous vindeiros anos a través dos polémicos voos.
Podemos presenta esta mañá os resultados das eleccións ás direccións locais en todo o Estado. José Manuel Prieto en Vigo e Isabel Faraldo na Coruña foron elixidos secretarios xerais locais. En Galicia, unhas 10.000 persoas votaron os consellos cidadáns en 19 localidades. Toda a información, hoxe en Praza.
Ourense encargou as placas para as rúas a unha adega de viño cun contrato de 45.000 euros a dedo. O goberno do PSdeG adxudicou o traballo a unha empresa cun só empregado.
Dilma Rouseff anuncia recortes "sen perder dereitos" na súa toma de posesión no Brasil. A presidenta cre que o país precisa medrar pero sen deixar o seu compromiso cos pobres.
A Xunta prestou case 5 millóns de euros a Alimentos Lácteos cando xa era insolvente. A polémica únese ás múltiples irregularidades do que ía ser o gran grupo lácteo galego, apoiado pola Xunta malia as evidencias da súa febleza.
Máis de 36.000 galegos renunciaron a buscar traballo por falta de expectativas. A cifra crece un 52% durante a crise.